Sofía e Lucas, os nomes preferidos dos pais pontevedreses para os novos bebés de 2016
Por Redacción
Lucas e Mateo se son homes e Sofía e Lucía se son mulleres. Son os nomes que máis gustan aos pais pontevedreses para poñer aos seus recén nacidos, segundo os datos do padrón de 2016 facilitados polo Concello de Pontevedra.
En base aos datos dos novos pontevedreses empadroados ata este xoves 29 de decembro, ao longo do ano 2016 houbo 16 novos Lucas e dez novas Sofía no municipio. Mateo foi o segundo nome máis elixido para nenos, cun total de 15, e Lucía para as nenas, con nove.
Carmen e Martina empatadas a oito e Alba, Valeria e Vera con sete son os outros nomes de muller máis elixidos polos pais pontevedreses. O top complétano Daniela, Leire e Sara, empatadas a seis; Ana, Antía, Carla e Lara, con cinco cada unha; e Candela, Elena, Julia, Lía, Valentina, Xiana e Zoe, con tres novas nenas con ese nome ao longo do ano.
No caso dos nenos, Daniel (12), Hugo (11), Manuel (10) e Martín (8) foron os outros máis frecuentes e a lista dos nomes que máis elixen os pais complétase con seis novos Leo, Mario e Miguel; cinco novos David, Iván, Marco, Nicolás, Tomás e Yago; e catro novos Artai, Diego, Gael, Noel, Pablo, Roi, Simón e Thiago.
Entre os nomes de muller, os máis 'orixinais' foron Mencía (3 en todo o ano no municipio), Mía (3), Suevia (2), Aine Andrea (1) Alana (1) ou Jhonaldy (1). Entre os homes, nomes exóticos como Elián (2), Airan (1), Arias (1), Amir (1), Aritz (1), Ayub (1), Bosco (1), Brayan (1), Byron Jordan (1), Edgar Vael (1), Enac (1), Farouk (1), Hajar (1) ou Heiko (1).