140 bailaríns amosan espectaculares coreografías para colaborar con Difusión Felina
Por Redacción
O auditorio de Afundación rexistrou unha magnífica entrada durante a noite deste venres 16 para presenciar unha gala organizada por Odisea Factory Dance para colaborar coa colectivo Difusión Felina no seu obxectivo de recadar fondos para axudar aos gatos abandonados na cidade.
Ao redor de 140 bailaríns presentaron coreografías de baile moderno, latinos, hip hop, break dance, zumba, teatro musical e exhibición de kickboxing, coa participación dos máis novos do Odisea Sport Club.
Trátase dun acto englobado nunha campaña de apoio ao colectivo animalista, que contempla tamén a recollida de alimentos para gatos durante estas datas no ximnasio que organizaba o evento.