O IES Mestre Landín porá en marcha tres proxectos educativos innovadores
Por Redacción
O IES Mestre Landín de Marín recibiu a aprobación para implantar os tres proxectos de innovación educativa que solicitara á Consellería de Educación. Os proxectos levan por título: "Aprendo programando", "Aliméntate ben" e "Meteoscolas".
A través do Plan Proxecta no que se inclúen búscase fomentar a innovación educativa, estas iniciativas buscan mellorar a calidade de ensino favorecendo a innovación nos centros a través de programas externos.
O proxecto 'Aliméntate ben' está promocionado polas consellerías do Mar, Medio Rural e de Sanidade e ten como principal idea traballar a alimentación saudable favorecendo o consumo de froita. Desta forma, unha das medidas que se xeneralizará neste centro de Marín será autorizar aos escolares e ao profesorado para que coman froita e auga durante o horario lectivo.
En 'Aprendo programando', os escolares preparan vídeoxogos durante os recreos por alumnos de primeiro da ESO. Utilizan unha aplicación deseñada pola universidade MIT de Boston, que promove a programación os institutos.
Ademais continuarase co proxecto de 'Meteoscolas', coa innovación do emprego da tecnoloxía de chroma key para realizar vídeos onde os estudantes aparecen en diferentes localizacións galegas.