Unha enfermeira galega residente en Mozambique da conta dun proxecto solidario no que participa o Concello
Por Redacción
A enfermeira galega María José Castro, directora executiva da Fundaçao Encontro, acudiu este xoves ao Concello de Pontevedra para dar a coñecer o proxecto a prol da saúde infantil e materna apoiado en Mozambique.
Esta iniciativa tivo lugar entre agosto de 2015 e xuño de 2016.
A coruñesa, que desde hai 16 anos reside e traballa no país africano, mantivo un encontro institucional co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces.
María José Castro participou ademais na xuntanza da Rede Municipalista Solidaria, onde se deu conta das actividades de sensibilización fronte as desigualdades realizadas durante ao ano, como obradoiros de fotografía social, charlas sobre as nenas e nenos soldados, actuacións musicais, exposicións ou contacontos.