Comeza o traslado dos pacientes á área de Psiquiatría do Provincial
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Este luns empezou o traslado de pacientes á área de Psiquiatría do Hospital Provincial conforme aos plans previstos pola Xerencia.
Despois do incendio do pasado 11 de setembro a área foi remodelada reforzándose a seguridade dos usuarios e o persoal sanitario con materiais ignífugos.
Entre outras cousas, a reforma incluíu a ampliación das portas que agora están dotadas de bisagras de seguridade, tamén se modificou a iluminación coa incorporación de luces led. Ademais, o persoal de enfermería ten agora unha visión completa da área a través dunha ventá.
Levouse a cabo tamén a renovación do sistema de climatización e da instalación eléctrica e a ampliación da sala de estar para pacientes..
Por suposto se mellorou a habitabilidade da área, ademais de adaptarse o mobiliario ás circunstancias dos pacientes que atende. Así, elimináronse as bañeiras e pratos de ducha para convertelos en aseos accesibles, os armarios están ancorados ás paredes, os extintores non son accesibles aos pacientes e reforzouse a seguridade da área con materiais ignífugos, como por exemplo os marcos das portas e os colchóns, entre outros.
A nova área de psiquiatría estréase este luns aínda que o traslado de todos os pacientes prolongarase durante varios días.
A reapertura foi supervisada polo conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, que visitou esta área acompañado polo xerente do hospital, José Manuel González. Ambos realizaron unha valoración moi positiva das obras acometidas.
O lume deteriorara a práctica totalidade do mobiliario e destruíu a instalación eléctrica e de iluminación, climatización, carpintería metálica e de madeira, sistema contra incendios, teito ou solos nos focos do incendio, de aí que a reforma da zona afectada tivera que ser integral.
Relacionadas:
-
A reforma integral da área de Psiquiatría do Provincial avanza a bo ritmo
Por Redacción |
-
O plan de emerxencias contra incendios do Hospital Provincial funcionou "correctamente"
Por Redacción |
-
A área de Psiquiatría do Hospital Provincial, limpa, pero á espera do informe de danos do incendio
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O día despois do incendio na área de Psiquiatría do Provincial: imaxes e investigación
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Abren unha investigación para aclarar a orixe do lume no Provincial, con tres focos e presuntamente provocado
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
Desaloxan 11 pacientes e atenden 4 traballadores por inhalar fume nun incendio no Hospital Provincial
Por Diego Torrado & Natalia Puga | Creada e actualizada