A Autoridade Portuaria adhírese ao decálogo contra os lixos mariños
Por Redacción
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra mostrou a súa adhesión ao "decálogo cidadán contra os lixos mariños" que se presentou este xoves no marco do Congreso Nacional do Medio Ambiente que se está celebrando en Madrid. O decálogo está elaborado polo Grupo de Traballo contra os Lixos Mariños formado por máis de 40 entidades que representan a sectores como pesca, administracións, ong, empresas e investigación.
Os lixos mariños foron identificadas como un problema global xunto con outros temas clave como o cambio climático, a acidificación oceánica e a perda de biodiversidade.
Ademais, calcúlase que no noso planeta máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos mariños e tartarugas morren cada ano por enredo ou inxestión de lixos mariños e estímanse en 10 millóns de toneladas os lixos que chegan anualmente a mares e océanos, predominando os residuos de plástico. O 80% deste lixo ten a súa orixe en terra. O decálogo pretende mostrar dez iniciativas que calquera cidadán pode adoptar para previr que os residuos xerados polo home acaben no mar, mediante educación, modificación de hábitos de consumo, asunción de responsabilidades individuais, etc.
Estímanse en 10 millóns de toneladas os lixos que chegan anualmente a mares e océanos
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra está ademais presente no Congreso Nacional do Medio Ambiente a través da exposición "A frota de Marín por un mar limpo" que resume a experiencia do Porto na retirada de residuos do mar a través dos proxectos "Nada pola borda" e "Pescal" .
Conama converteuse no foro de referencia para o medioambiente e a sustentabilidade en España.
Alcanza este ano a súa decimoterceira edición cunha previsión de participación de máis de 400 entidades e 7.000 persoas.
Relacionadas:
-
O Porto de Marín retirou máis de 18 toneladas de lixo mariño no que vai de ano
Por Redacción |
-
O porto de Marín retirou 715 toneladas de residuos
Por Redacción |
-
A flota pesqueira de Marín retira 6.000 quilos de residuos das costas galegas
Por Redacción |
-
Conclúe no Porto de Marín un proxecto piloto sobre Pesca Fantasma
Por Oskar Viéitez |
-
O pesqueiro 'Atardecer' de Marín participa nunha experiencia piloto para limpeza de fondos mariños
Por Redacción |