Abren paso para que as ambulancias poidan acceder ao lugar de Cendón, en Seixido
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda, inspeccionou o inicio das obras de ampliación e mellora do acceso rodado ao lugar de Cendón, na parroquia de Seixido, que carecía dun camiño adecuado para a normal circulación de vehículos particulares e de emerxencia.
Jorge Canda incluíu estas obras dentro do Plan Concellos 2016 no que tamén se afrontará melloras por valor de 32.115 euros en núcleos rurais da Barcia, A Lama e Seixido coa intención de afrontar problemas de accesibilidade rodada a zonas que contan con importante poboación envellecida e que non contan cun camiño con adecuadas dimensións para que un vehículo poida acceder.
Así mesmo, o alcalde lembrou que a súa maior preocupación é solucionar o problema de acceso rodado a núcleos rurais onde viven estas persoas maiores que, ás veces, precisan dunha atención médica ou teñen problemas de mobilidade e necesitan que chegue ata a porta do seu domicilio un vehículo.
Tamén se afrontou esta iniciativa en varios núcleos rurais coa intención de que os vehículos de emerxencias, como as ambulancias ou os de extinción de incendios poidan acceder con facilidade para intervir no caso de que sexa necesario xa que a estreiteza dos mesmos impiden que estes vehículos de gran capacidade poidan acceder con normalidade ata onde sexa necesario.
Relacionadas:
-
Aviso de Jorge Canda ao PP: se non melloran a estrada entre Antas e Seixido "que busquen outro candidato"
Por Redacción |
-
A Lama busca que os veciños cedan terreos para ampliar a estrada entre Antas e Seixido
Por Redacción |
-
Carmela Silva visita as obras nos camiños de Ventoselo e Fírveda, na Lama
Por Redacción |