Entran en funcionamento os novos alumeados de Arnosa, Progreso e Forxán
Por Redacción
As obras de mellora da iluminación pública acometidas con cargo ao Plan Concellos acaban de concluír coa obra realizada na Arnosa e que estivo complementada coas de Forxán, en Adina, e a rúa Progreso, cun custo de 51.000 euros e a substitución das luminarias por led, nalgún dos casos.
O edil de Servizos, Maxi González, comprobou o funcionamento das novas luminarias e agradeceu a achega económica realizada pola Deputación, que permitiu ao Concello acometer os tres tramos da iluminación eléctrica que se atopaban en peores condicións de mantemento.
Aínda que a intención da Concellería de Servizos é mellorar a iluminación pública existente en boa parte do municipio, este departamento traballa coa prioridade de substituír aqueles tendidos que se atopen en peores condicións, sendo o tramo que se atopa entre a rotonda de Arnelas e a de entrada á vía rápida unha das primeiras que o goberno local quere acometer con cargo ao Plan Concellos do próximo ano.
Os novos cadros eléctricos, que centralizan os renovados tendidos na Arnosa, Progreso e Forxán, están xa ultimados e a piques de entrar en funcionamento.
En todos os casos tratábase de instalacións con moitos anos de antigüidade, atopándose coas canalizacións afundidas en parte e os condutos eléctricos con derivacións a terra en varios tramos, así como cos CM totalmente obsoletos, carentes de proteccións e incumprindo a normativa eléctrica vixente, o que estaba a provocar continuos cortes na subministración eléctrica que alimenta as iluminacións.
Relacionadas:
-
A Deputación investiu en Sanxenxo máis de 3,5 millóns de euros o pasado ano
Por Redacción |
-
Sanxenxo renovará a canalización das augas pluviais en tres estradas do concello
Por Redacción |
-
Limpezas de camiños, iluminación, así como obras de saneamento copan as demandas dos veciños de Noalla
Por Redacción |
-
Sanxenxo mellora a iluminación no aparcamento da praza de abastos de Portonovo
Por Redacción |
-
Acometen melloras na iluminación pública de Forxán e Progreso
Por Redacción |