A Deputación investiu en Sanxenxo máis de 3,5 millóns de euros o pasado ano
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra investiu no concello de Sanxenxo durante o pasado ano un total de 3.525.246,99 euros, é dicir, unha media de 203,60 euros por habitante.
En liñas xerais, o goberno provincial de Carmela Silva dedicou á vila 1.158.450,52 euros do Plan Concellos, que foron 462.023 euros máis que en 2015, un 66,3% máis.
Tamén se investiron 2.000.000 euros en mobilidade, 91.000 euros en cohesión social e xuventude, 38.000 euros en cultura e lingua, 94.000 euros para o fomento do emprego, 75.000 euros para o impulso do deporte e outros 10.000 euros para a igualdade entre mulleres e homes e 3.000 euros en materia de medio ambiente.
Entre outros investimentos estes cartos destináronse ao parque canino de Baltar, obras de reparación de varias dependencias municipais, a reposición e conservación do Priorato de Arra, a ampliación da Casa da Cultura de Adina, a reparación da instalación do alumeado público na rúa Progreso e o lugar de Forxán, o subministro de material e maquinaria para os parques e xardíns municipais, o acondicionamento da parcela municipal de equipamento público PEI-3, a pavimentación de viarios ou a subministración de elementos biosaudables para o parque público Xuncabranca.
Tamén se abordou a adquisición dun sistema de control para a presenza de empregados públicos, a realización de obras de mellora no alumeado público en Arnosa (Vilalonga), o subministro de varios materiais e equipamentos (paneis informativos para as praias con bandeiras azuis, un sistema de detección de drogas en condutores e oito chalecos antibalas para a Policía Local e para dotar a Escola de Música Municipal dun piano de cola), a prolongación da rede de abastecemento de auga en varios lugares e a instalación dunha rede de saneamento de augas residuais e pluviais na contorna da piscina municipal.
Este ano 2017, o goberno provincial destinará ao concello de Sanxenxo, ao abeiro do Plan Concellos, a contía de 1.119.511,11 euros, cartos aos que haberá que engadir todas aquelas axudas dos diferentes servizos e áreas da Deputación.
Relacionadas:
-
185.000 euros para rematar a rehabilitación do Priorado de Arra e convertelo nun centro sociocultural
Por Redacción |
-
O Priorado de Arra acollerá un albergue e incluirase na Ruta Sarmiento
Por Redacción |
-
Adina estrea unha renovada Casa de Cultura
Por Redacción |
-
Sanxenxo adxudica por 72.000 euros a ampliación da Casa de Cultura de Adina
Por Redacción |
-
Oito chalecos antibala para a Policía Local de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Entran en funcionamento os novos alumeados de Arnosa, Progreso e Forxán
Por Redacción |
-
Acometen melloras na iluminación pública de Forxán e Progreso
Por Redacción |