Agride un bombeiro que acudía a sufocar un incendio na súa casa
Por Oskar Viéitez
Un bombeiro que acudiu a sufocar un incendio nunha vivenda da Travesía da Eiriña foi agredido por un home que residía no piso afectado.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local de Pontevedra, o agresor é un home de 30 anos.
Ocorreu este xoves ás tres e media da tarde. Os bombeiros foron alertados por uns veciños que observaron como saía moito fume do inmoble, polo que dúas dotacións desprazáronse ata o lugar.
Aínda que os veciños chamaron con insistencia á porta da vivenda para tratar de auxiliar aos afectados ninguén respondeu desde o interior aos seus requirimentos. Cando os servizos de emerxencia acudiron a este domicilio este veciño abriu a porta agredindo ao primeiro bombeiro que se atopou diante.
Este individuo negou a entrada ao seu domicilio tanto a bombeiros como aos policías. Os axentes municipais tiveron que reducilo para que puidese ser trasladado ata o Hospital Montecelo.
A información da Policía Local apunta que o agresor podería atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas.
Unha vez que puideron facer o seu traballo os bombeiros comprobaron que o interior da vivenda atopábase cheo de fume por algo que estaba a cociñar.