Celtic Estores pecha a negociación do ERE sen acordo cos sindicatos
Por Diego Espiño
Celtic Estores aplicará unilateralmente o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) temporal para 160 dos seus trabajaores e durante 36 días que formulou ao seu plantel.
A negociación entre empresa e sindicatos, con mediación este mércores da Inspección de Traballo, non chegou a bo porto ante a negativa da dirección a readmitir aos 16 traballadores despedidos uns días antes de comunicar o novo ERE, segundo asegura o secretario comarcal de CCOO José Luis García Pedrosa, "a Inspección coincide con algúns dos nosos plantexamentos, hai cuestións nas que din que informarán en contra".
Ambas as dúas partes volveranse reunir este xoves simplemente para asinar o fin da negociación con desconformidade. Agora Celtic Estores aplicará a regulación, tal e como pretendía, dende o mes de marzo. Unha vez estea en vigor e a Inspección remita o seu informe, a representación dos traballadores presentará, segundo o anunciado, unha demanda por conflito laboral.
Os empregados decidirán ademais en asemblea a realización de posibles medidas de presión.