O equipo de Celtic Estores ameaza con presentar unha demanda por conflito colectivo
Por Diego Espiño
O comité de empresa de Celtic Estores decidiu, co apoio do plantel, que se a empresa segue adiante co ERE temporal de 36 días que formula para 160 dos seus empregados, presentará unha demanda por conflito colectivo, como confirma o secretario comarcal de CCOO José Luis García Pedrosa, "se a empresa segue adiante presentaremos o conflito colectivo contra o ERE, e aí sería importante a resolución da Inspección de Traballo".
A reunión entre empresa, comité e inspección terá lugar este mércores 27 en Vigo (12:00 horas) xusto o día que se cumpre o prazo de 15 días para negociar a regulación, un conficto que arrancou co despedimento de 16 traballadores, segundo os sindicatos, de xeito inxustificado.
A representación laboral solicita a Celtic Estores a readmisión dos despedidos aceptando mesmo que esa decisión repercuta no ERE, que pasaría de 36 días en 2013 a 70 por traballador, unha reivindicación que apoian os concellos de Moraña, Cuntis e Caldas despois de que o comité de empresa se reunise cos alcaldes de Moraña e Cuntis, o tenente de alcalde de Caldas e a xefa territorial de Traballo.
Relacionadas:
-
A empresa catalá Bandalux traslada a súa sede de Granollers a Moraña
Por Oskar Viéitez |
-
Celtic Estores pecha a negociación do ERE sen acordo cos sindicatos
Por Diego Espiño |
-
Os sindicatos solicitan a intervención dos alcaldes de Moraña, Cuntis e Caldas ante o ERE en Celtic Estores
Por Diego Espiño |
-
Celtic Estores despide por sorpresa "a máis de dez persoas" días antes de negociar un ERE temporal
Por Diego Espiño |