Marín ofrecerá un curso para coidadores de persoas cunha demencia
Por Redacción
A Federación Alzhéimer Galicia e a Consellería de Política Social veñen desenvolvendo nos últimos anos unha serie de accións formativas para familiares coidadores de persoas cunha demencia neurodexenerativa nomeada "Xuntos nos coidados".
Estes cursos, totalmente gratuitos para os asistentes, son de 8 horas de duración e cun número máximo de 25 participantes e teñen unha alta valoración entre as máis de 1.000 familias que participaron nas edicións anteriores.
Este ano Marín foi un dos concellos seleccionados para o desenvolvemento dun destes cursos, que se desenvolverán no Salón de Actos da biblioteca pública municipal os días 8 e 9 de novembro en horario de 16:00 a 20:00 (ambos días).
José Manuel Fontenla, presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra (AFAPO) foi recibido pola alcaldesa de Marín, María Ramallo e a concelleira de medio ambiente e benestar social, Marián Sanmartín para presentar esta iniciativa.