Ferida unha persoa de idade avanzada atropelada por un camión en Marín
Por Redacción
Unha persoa de idade avanzada resultou ferida este xoves en Marín tras ser atropelada por un camión na entrada da localidade pola avenida de Ourense, na estrada PO-11.
Segundo informou a Policía Local de Marín,o accidente produciuse sobre as 12.00 horas deste xoves a moi poucos metros do edificio do Concello. Por causas que se descoñecen, un camión atropelou unha muller de idade avanzada e deixouna ferida. Segundo testemuñas presenciais, foi golpeada polo remolque do camión.
Ao lugar desprazouse unha ambulancia de Urxencias Médicas de Galicia que trasladou ao ferido a un centro hospitalario.
Segundo a valoración inicial, tiña unha fractura nunha perna.