Nesta semana avaliaranse as solicitudes de axuda para actuacións no ARI do casco histórico e Estribela
Por Redacción
O próximo venres reunirase a comisión de avaliación dos proxectos presentados á segunda convocatoria de axudas para edificios e vivendas da área de rehabilitación integral (ARI) do centro histórico e de Estribela a cargo dos fondos contemplados para o período 2013-2016.
Nesta segunda convocatoria, segundo explicou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará presentáronse as seguintes solicitudes:
- 8 edificios que supoñen un total de 17 actuacións e 8 vivendas no casco histórico.
- 1 vivenda, en Estribela.
Na primeira convocatoria as solicitudes presentadas foran:
- 7 edificios con 36 actuacións subvencionables e 6 vivendas no casco histórico
- 3 edificios con 23 actuacións e 1 vivenda en Estribela
Por outra banda están en marcha as obras públicas nas rúas Tristán de Montenegro e Pratería Vella.
A axuda económica concedida será por un importe máximo do 35% do custo subvencionable das actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas que se realicen, e cunha contía máxima por vivenda obxecto de rehabilitación de 11.000 euros. Ministerio de Fomento, Concello e particulares van da man nestas actuacións.
Relacionadas:
-
Dúas novas rúas do ámbito de Santa María súmanse á reforma urbana do centro histórico
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Luz verde á rehabilitación de 63 novas vivendas no casco histórico e Estribela
Por Redacción |
-
Comeza a reforma da rúa Tristán de Montenegro, no centro histórico
Por Redacción |
-
Cinco empresas amosan o seu interese por reformar Pratería Vella e Tristán de Montenegro
Por Redacción |
-
Dúas rúas no casco histórico de Estribela van rehabilitarse con fondos do ARI
Por Redacción |
-
Nova convocatoria de axudas para os ARI do centro histórico e de Estribela
Por Redacción |
-
O ámbito de Santa María reformarase con cargo á ARI do centro histórico
Por Alejandro Espiño |