Feridas tres persoas nunha colisión entre dous coches en Areas
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas nun accidente entre dous vehículos en Areas na parroquia sanxenxina de Dorrón.
Un dos vehículos implicados quedou parcialmente envorcado polo que a condutora tivo que saír de turismo polo portón traseiro.
Segundo informaron desde Emerxencias de Sanxenxo o sinistro tivo lugar á unha e media da tarde deste sábado na estrada PO-308.
Os feridos foron trasladados polo 061 ata un centro hospitalario.