Os bombeiros da provincia denuncian que carecen de equipos de protección para operar con motoserras
Por Redacción
Os bombeiros do consorcio provincial de extinción de incendios e salvamento da provincia de Pontevedra, a través do seu comité de empresa, emitiu un comunicado para denunciar que carecen dos equipos de protección adecuados para manexar motoserras.
Por este motivo, a pesar das numerosas chamadas que están a recibir a través do 112, por perigo de caída de árbores sobre vías de comunicación ou de tendidos eléctricos sinalan que ven incapacitados para actuar por falta de equipo.
A lei de protección de riscos laborais, segundo indican, obrígaos a intervir con EPI's (equipos de protección individual) e afirman que calquera accidente que sufrisen podería chegar a ser considerado como unha neglixencia.
Desde a representación sindical afirman que solicitaron á empresa concesionaria Matinsa estes equipos, pero continúan sen recibilos. Desta forma, denuncian que esta empresa recibe unha contía por prestar un servizo para a administración que, con todo, non é o adecuado.
Alertan, desde o comité de empresa formado polos representantes de CC.OO., CIG, UXT e SIBGAl, aos cidadáns de que por falta deses dispositivos non poden atender algunhas desas emerxencias porque traballarían sen seguridade nin física nin xurídica.