A Garda Civil festexa o Día do Pilar
Por Diego Torrado
A Garda Civil celebra este mércores o día da súa patroa, a Virxe do Pilar.
A comandancia de Pontevedra acolleu un acto institucional no que se entregaron diversas condecoracións e ao que asistiron diferentes autoridades como o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda ou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
O subdelegado do Goberno, Antonio Coello, amosou o seu agradecemento a todos os membros que compoñen o corpo do instituto armado e lembrou aos axentes falecidos en acto de servizo durante o último ano.