Un aparcacoches queda absolto dun delito de lesións tras enfrontarse con outro "gorrilla" en Vilagarcía
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Tres anos de prisión solicitaba a Fiscalía para un aparcacoches que mantivera un enfrontamento con outro "gorrilla" no aparcadoiro do Ramal do Porto de Vilagarcía o pasado 22 de maio de 2015. Entre ambos se produciu unha forte discusión cando un deles tentaba salvagardar a zona na que exercía o seu labor de axudar ao aparcadoiro.
O acusado golpeara, segundo o escrito da Fiscalía, propinando unha puñada na cara do outro "gorrilla" e, a continuación, dándolle unha patada no peito. A vítima interpuxera unha denuncia polos danos sufridos.
Con todo, o acusado saíu absolto na vista deste xoves na Audiencia Provincial porque a outra parte decidiu retirar a denuncia ao non haber prueba de cargo. Indicara que sufriu a perda dunha peza dental, que xa non tiña no momento do enfrontamento. Segundo o avogado da defensa, tampouco se ten en conta a falta debido á reforma do Código penal.