Este mes rematará o acondicionamento dos sendeiros no Lago de Castiñeiras
Por Redacción
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio rematará ao longo deste mes os traballos de construción de sendeiros na contorna do Lago de Castiñeiras, unha demanda das comunidades de montes de San Martiño de Vilaboa e de San Xulián de Marín.
A conselleira en funcións, Beatriz Mato, xunto coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitou esta actuación na que o goberno galego inviste un orzamento de preto de 60.000 euros.
Para a execución dos traballos foi preciso retirar infraestruturas deterioradas, desbroces e maleza.
O obxectivo desta actuación era conservar, protexer e desenvolver o patrimonio natural, así como favorecer o desenvolvemento do potencial turístico dos espazos naturais.