O PP cre que Campelo sofre discriminación
Por Redacción
A concelleira do grupo municipal do Partido Popular, Natividad Torres, trasladou de novo este mércores as queixas dos veciños e colectivos locais polo "trato discriminatorio" que sofren por parte do Concello e a Deputación.
A edil popular explicou que mentres eventos organizados en outros lugares do municipio reciben cantidades importantes do goberno local, "os de Campelo reciben moito menos, e véndeno como un favor".
Torres critica que a colectivos da veciñanza, non se lles facilita sequera local para ensaiar, "en contraste coas cuantiosas axudas que reciben outros".
As asociacións e veciños de Campelo, segundo o PP, din que este trato discriminatorio tamén se produciría por parte do bipartito da Deputación.
Relacionadas:
-
A Festa da Ameixa supera todas as previsións
Por Redacción |
-
O PP de Poio critica a falta de apoio do Concello á Festa da Ameixa de Campelo
Por Redacción |
-
A X Festa dos Callos, éxito absoluto con 15.000 racións repartidas
Por Diego Torrado |
-
Buscan os propietarios de leiras no último tramo da senda litoral entre Campelo e A Seca
Por Redacción |