O persoal de ambulancias, convocado a unha folga este venres 23
Por Redacción
O sindicato nacionalista CIG convocou para este venres 23 unha xornada de folga de 24 horas no sector das ambulancias de Galicia para protestar pola parálise na negociación do convenio colectivo do transporte sanitario. Denuncian que a patronal non só non achega propostas, senón que se escuda nela cuestión económica para non cambiar o convenio.
O argumento económico, segundo Xesús Pastoriza, secretario de Transportes da FGAMT-CIG, derívase das propias actuacións das empresas de ambulancias que, explica, gañaron os contratos concursando á baixa. Sinala que as empresas gañaron con ofertas presentadas á baixa temeraria, algunhas ofrecendo ata un 12% menos do prezo estipulado.
Por este motivo, responsabilizan á Xunta de Galicia desta situación ao admitir ofertas á baixa que despois afectan na rebaixa das condicións do personal.
A CIG reclama a restrición do contrato de prácticas, a limitación da realización de horas extraordinarias, a creación da terceira paga extraordinaria. Ademais faise fincapé na mellora de prevención de riscos e da saúde laboral.