Adxudícase a obra do parque infantil de Cangrallo no Concello de Barro
Por Redacción
Co obxectivo de mellorar a oferta de parques infantís do concello, ademais de reparar os xa existentes, o goberno municipal acordou construír un novo no lugar de Cangrallo, da parroquia de Barro.
O proxecto do parque infantil en Cangrallo, orzamentado en 29.913,89 euros, está subvencionado pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2016. Das catro ofertas presentadas adxudicouse a empresa Galega de Actuacións no Rural S.L. que ofertou unha mellora económica de 9.215,19 euros.
O Concello xa investiu outros 21.000 euros en mellorar os parques de Agudelo, San Antoniño, Valiñas e Barosa que estaban sometidos a un abandono dende hai anos.
Coa construción deste novo parque preténdese que tamén os nenos desa zona do municipio teñan acceso a instalacións adecuadas para o seu tempo de lecer.