Alertan da presenza de cabalos con cepos e cans abandonados na estrada de Campo Lameiro
Por Redacción
Esta semana un condutor que transitaba pola estrada PO-223 puido ver desde o seu vehículo a varios cabalos moi preto da calzada, dos cales polo menos un portaba un cepo de grandes dimensións nunha das súas patas dianteiras. O mesmo cidadán denunciou á Asociación Animalista Libera e á Fundación Franz Weber a presenza continua de cans abandonados nos arredores.
Esta proximidade de cabalos e cans coas vías de tránsito rodado supoñen un grave perigo para condutores e animais, xa que os cabalos con cepos ven mermada a súa capacidade de reacción ante unha eventual invasión do asfalto, provocando aparatosos accidentes como os que han ter lugar nos dous últimos anos.
As organizacións defensoras dos animais criticaron a "inacción" da Xunta, que debería esixir a "identificación efectiva de todo o gando equino en estado semisalvaje, que transitan con aparente liberdade polos montes galegos, portando en moitos casos toda clase de artefactos nas súas patas".
Os animalistas han documentado avistamientos de polo menos 130 cabalos con cepos, cordas e cadeas na comunidade
Unha conduta cualificada como delito pola propia Fiscalía de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra, e que deu lugar a numerosas dilixencias informativas, pechadas en gran parte por culpa dunha nula identificación dos animais.
Con este caso, o segundo do mes na provincia pontevedresa, os animalistas han documentado avistamientos de polo menos 130 cabalos con cepos, cordas e cadeas na comunidade. Concretáronse en 77 denuncias administrativas e ante as Fiscalías provinciales.
Neste sentido, ambas entidades avanzaron a súa intención de trasladar a diferentes deputados do Parlamento de Galicia unha iniciativa para pedir ao goberno galego que se poña "ao choio" e obrigue, "dunha vez por todas", a identificar á cabana equina, xa que a falta do microchip supón "un atraso con respecto á Unión Europea e dificulta a trazabilidad e benestar animal".
A presenza de cans abandonados tamén preocupa a Libera e Fundación Franz Weber, posto que estas accións de abandono están sancionadas con miles de euros segundo a actual normativa de protección animal, e demostran que "aínda existen persoas na comarca aos que non se lles esixiu responsabilidade algunha polos seus actos". Os animais tamén poderían causar accidentes.
Relacionadas:
-
O Parlamento de Galicia insta desenvolver medidas contundentes contra a práctica das "pexas"
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian a presenza de cabalos con pexas no Lago de Castiñeiras
Por Diego Espiño |
-
Un milleiro de persoas pide á Fiscalía de Pontevedra e á Xunta medidas contra os cabalos con cepos
Por Natalia Puga |
-
Localizan unha ducia de cabalos salvaxes con cepos e patas atadas con cordas e cables
Por Natalia Puga |