Máis de 2.000 persoas asistiron a un concerto co cubano DKB como cabeza de cartel
Por Redacción
A música cobra todo o protagonismo no Agosto Cultural de Ponte Caldelas, a completa programación cultural, deportiva e de lecer que durante todo o mes dá paso ás Festas das Dores, que se celebran a partir desta fin de semana na capital do Verdugo.
O son electrolatino foi o protagonista nun concerto, no que o cantante cubano DKB foi o cabeza de cartel. Estivo acompañado no escenario por Newmaik, Guillermo Castro, Hugo Nández, Adrián Mesu, Álvaro Malvar, Diego Mei e Dj Charlie. O espectáculo prolongouse ata ben entrada a mañá coas sesións dos DJ e culminou cun canón de escuma que fixo as delicias dos participantes.
Un público composto fundamentalmente por xente nova, chegada dende moitos puntos de Galicia, soubo gozar da música nun ambiente festivo. O Concello estreou onte o seu dispositivo de seguridade para as festas e non houbo ningunha incidencia reseñable. Por outra banda, os aparcamentos no paseo da Calzada e de Chan da Barcia funcionaron á perfección.
O alcalde, Andrés Díaz Sobral, acompañado de varios dos concelleiros do equipo de goberno, integrado polo PSdeG-PSOE, AVP e BNG, asistiron ao concerto e compartiron diversión cun público entregado. O equipo de goberno introduciu esta novidade no programa para diversificar a programación e cubrir todos os abanos de idade.
A programación festiva para este sábado, inclúe pasarrúas e un concerto da banda de música de Mondariz. Ás 20 horas sairá a procesión dende a capela da Sagrada Familia. Ás 20.30 horas, na Alameda, Festival Folclórico, coa participación de Os Coribantes e dúas agrupacións chegadas dende Burgos e Cáceres. Ás 23.00 horas, verbena con Armonía, Show de Canarias e Xacobeo.
O próximo domingo, tras o pasarrúas e o concerto matutino a cargo da banda de música de Salcedo, haberá verbena, a partir das 22.30 horas, a cargo da orquestra Televisión.
Relacionadas:
-
As festas de Ponte Caldelas, un polo de atracción de visitantes
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pon en marcha un operativo de seguridade no festival electrolatino
Por Redacción |
-
Un agosto cultural en Ponte Caldelas con 36 actividades para todos os públicos
Por Redacción |
-
Volve o Caldelas Xoven, o festival de música electrolatina de Ponte Caldelas
Por Redacción |