Comeza o campamento urbano de Cruz Vermella Xuventude en Pontevedra
Por Redacción
Este luns comeza unha nova edición do campamento urbano de Cruz Vermella Xuventude en Pontevedra que se celebrará os días 29, 30 e 31 de agosto en horario de 10 a 14 horas.
Este campamento é gratuíto e van participar ao redor de 40 nenos de entre 8 e 13 anos do municipio pontevedrés, acompañados por un equipo de 12 voluntarios de Cruz Vermella Xuventude.
Durante estes tres días os nenos participantes terán a oportunidade de realizar divertidas actividades encamiñadas a ofrecer diversión á vez que traballan contidos educativos sobre diversidade cultural. Baixo o lema "Un verán diferente", fomentarase unha visión global do mundo e as súas culturas, potenciando o respecto, a diversidade, a solidariedade e o traballo en equipo.
O luns, primeiro día, pasarano na sede de Cruz Vermella con xogos de presentación e contacto para a continuación realizar un Gran Xogo Cultural. O martes visitarán a praia fluvial para realizar xogos cooperativos e darse un mergullo. E por último, para o peche desta gran aventura organizarase unha feira e a entrega de diplomas.
Todas estas actividades realizaranse baixo a coordinación dun equipo máis de 12 voluntarios e voluntarias de Cruz Vermella Xuventude que ao longo deste mes traballaron na organización e deseño das actividades para que todo salga perfecto e sexa un gran éxito.