Cea benéfica contra o alzheimer
Por Diego Torrado
O parque de verán do Liceo Casino na Caeira acolleu este venres unha cea benéfica organizada pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Pontevedra (AFAPO).
O diñeiro reunido coas entradas e o recadado na tómbola do evento será utilizado fundamentalmente en apoio aos talleres colectivos e talleres de memoria para usuarios enfermos de alzheimer que se atopan na primeira fase da doenza.
A velada contou con dúas actuacións musicais a cargo do Trío Rever e o cantautor Enrique Alvite.
Ademais Afapo, con motivo do Día Mundial do Alzheimer, programou para o próximo 16 de setembro un monólogo do famoso humorista Luís Piedrahita. Será ás 21.00 horas no auditorio do Centro Social Afundación de Pontevedra e as entradas pódense comprar por 15 euros na asociación ou a través de Servinova.
Para o 17 de setembro a Federación Alzheimer de Galicia, xunto coas 13 asociacións que a compoñen, entre as que se atopa Afapo, levarán a cabo unha ruta de carácter solidario a Santiago de Compostela.
Relacionadas:
-
O Pazo Provincial tinguirase de violeta na noite do martes e o mércores
Por Redacción |
-
As farmacias pontevedresas asesoran a familiares e coidadores de persoas con alzheimer
Por Redacción |
-
Gargalladas solidarias con Luís Piedrahita para loitar contra o Alzheimer
Por Mónica Patxot |
-
Doce colectivos sociais pontevedreses reciben axudas para investir no ano 2016
Por Redacción |
-
Tres actividades para solidarizarse cos familiares e enfermos de Alzhéimer
Por Redacción |
-
Só recibe tratamento o 10% dos máis de 15.000 veciños da provincia que padecen alzheimer
Por Oskar Viéitez |