Groenlandia envíanos unha profunda borrasca con olas de 4 metros
Por Redacción
O litoral pontevedrés e a parte máis occidental da costa da Coruña permanecerán en alerta amarela por mar de fondo durante a xornada deste luns, segundo informa MeteoGalicia.
Esta situación deberase á entrada dunha profunda borrasca ao sur de Groenlandia que formará olas de compoñente oeste que chegarán ao litoral atlántico con alturas de entre 3 e 4 metros de altura.
Segundo a información de MeteoGalicia, departamento que depende da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a alerta por este fenómeno adverso tamén permanecerá activa na xornada do martes, cando tamén afectará á costa do norte da provincia da Coruña.