150.000 euros da Deputación para reconstruír a ponte e urbanizar a rúa Zapal en Marín
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra destinará ao Concello de Marín outros 156.534,27 euros dentro do Plan Concellos 2016, investimento que eleva xa a 509.356,06 euros os fondos destinados a esta localidade no que vai de ano dentro do programa provincial. Supoñen o 54,2% do total destinado a Marín nesta liña de axudas.
Segundo a información facilitada este domingo pola Deputación, o último investimento foi aprobado pola Xunta de Goberno na súa reunión deste venres e estará destinado á reconstrución da ponte Zapal e á urbanización da rúa que leva o mesmo nome en Marín.
O Plan Concellos 2016 xa destinou a Marín 176.675,79 euros para a reposición de pavimentos en camiños do rural do municipio; 141.146 euros para a contratación de 24 traballadores municipais; e 35.000 euros para o Torneo de Seleccións Autonómicas de Minibasquet 2016, a XIX Milla Urbana San Miguel de Marín, a Copa Galicia Internacional de Ximnasia Acrobática 2016, o II Marín Atlantic Open-WorldCup Standard, a V Festa Corsaria e a V Carreira Popular +10 Marín.
Relacionadas:
-
Arranxados os da Teoira e O Carballal, chega a quenda do camiño da Cova
Por Redacción |
-
A próxima semana iníciase a obra de urbanización da rúa Ponte Zapal
Por Redacción |
-
A Illa, Barro, Cambados e Campo Lameiro completan o 100% do Plan Concellos
Por Redacción |
-
Barro, Marín, Moraña, O Grove e Vilaboa avanzan na execución do Plan Concellos
Por Redacción |
-
O goberno provincial aproba máis de dous millóns de euros en axudas para investir en dez concellos da provincia
Por Redacción |
-
Marín pide á Deputación que amplíe a ponte sobre o río Loira
Por Redacción |
-
A Deputación destina 400.000 euros a actuacións en Vilaboa, Cotobade, Campo Lameiro, Barro, Marín e Cuntis
Por Redacción |