Un cento de persoas acoden á protesta da 'marea branca' en Pontevedra en defensa da sanidade pública
Por Redacción
Un cento de persoas participaron este domingo na protesta realizada en Pontevedra en defensa da sanidade pública. Foi a réplica local a bautizada como 'marea branca', con miles de profesionais sanitarios e usuarios manifestándose en Madrid.
A protesta non contou cunha convocatoria oficial. De novo as redes sociais serviron para reunir a veciños e profesionais ás 12.00 horas na Praza da Peregrina. Durante a concentración falouse entre os presentes dunha gran movilización en todo o Estado prevista para o 23 de febreiro.
A elección da data non é casual, si fai máis de 30 anos a cidadanía saíu á rúa contra o golpe de estado militar, os convocantes entenden que agora é necesario saír á rúa "contra o golpe de estado dos mercados".
Entre os convocantes atópanse a Frente Cívico Somos Maioría- Pontevedra, la Asociación Pola Defensa da Ría, Asociación Amarante Setem, Plataforma polo Aforro Público, Colectivo Encontro Benestar Social, Movemento Veciñal a prol dos Bens Comúns de Marín, A.C. Amig@s da Cultura, Xuventudes Comunistas, Plataforma Auditoria cidadá da débeda. Non debemos non pagamos, Esquerda Unida, AAVV Castelao, CAS Galicia, Masa Crítica, 15 M-Pontevedra e Assembleia Comarcal de NÿS-Unidade Popular.