O BNG de Cuntis reclama á Xunta que se faga cargo do centro de saúde
Por Redacción
Desde o grupo municipal do BNG de Cuntis reclaman á Xunta de Galicia que se faga cargo "de inmediato" do centro de saúde.
Este mércores 27 de xullo, a Xunta de Galicia anunciou un acordo coa FEGAMP, mediante o cal asumía a xestión de 29 centros de saúde, que actualmente son propiedade de 25 concellos, entre eles, os de Poio e Ribadumia.
Desde o BNG lamentan a decisión da Xunta de Galicia de non incluír dentro desta listaxe ao centro de saúde de Cuntis, "visto o enorme gasto en mantemento que este supón para o Concello e a imposibilidade de ser asumido pola institución municipal", afirman.
Os nacionalistas piden ao executivo que preside Alberto Núñez Feijóo "que deixe de discriminar a Cuntis e que se lle de ás veciñas e veciños deste concello unha atención e uns servizos sanitarios de calidade".
MONTECELO
Por outra banda o BNG se congratula polo acordo acadado entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra para a ampliación do Complexo Hospitalario de Montecelo, área sanitaria de referencia para os veciños de Cuntis.
VIAIS MUNICIPAIS
Ademais, o Concello de Cuntis está a proceder estes días á reparación de distintos vías deteriorados na campaña invernal.
Unha cuadrilla de operarios propia do concello está a traballar nas parroquias de Couselo, Cuntis, San Mamede e Troáns.