Os Xogos de Verán regresan a Lourido
Por Redacción
Sete días cheos de actividades deportivas e culturais que permitirán a todos o públicos pasar un tarde diferente. É o que ofrecerá, desde o 25 ao 31 de xullo, a XXII edición dos Xogos de Verán de Lourido, un dos eventos tradicionais e mais consolidados do verán en Poio.
A cita é organizada pola Asociación de Veciños Cultural e Deportiva de Lourido e conta coa colaboración do Concello de Poio.
Entre as novidades, os organizadores destacan as exhibicións de taekwondo e capoeira do mércores e xoves, así como de ximnasia rítmica do venres 29 a partir das 19:30 horas.
Ademais, terá unha gran presenza o campionato de volei praia que se vai celebrar entre o luns 25 e o mércores 27, que xa sendo unha das disciplinas deportivas habituais, nesta ocasión e grazas ao campo que se vai habilitar, permite organizar este gran torneo.
A petanca e saídas en kaiaks -grazas a colaboración de Karting Lourido- son dúas modalidades que estarán presentes durante toda a semana para que tanto nenos como os máis maiores poidan gozar deles.
Os xogos poñerán o seu broche de ouro o sábado 30 cunha andaina popular polo lugar e coa actuación da Agrupación Vides Novas, que despedirá esta edición con música da terra.
Os horarios dos Xogos de Verán pódense consultar no cartel do evento.