O plan de viabilidade para as piscinas de Campolongo contempla 3,8 millóns de euros para a súa reforma
Por Redacción
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica este mércores o plan de viabilidade das piscinas de Campolongo, que estará exposto durante un mes no taboleiro de anuncios do Concello antes de avanzar na súa tramitación.
Entre os aspectos destacados deste documento, elaborado por técnicos municipais, establécese un custo de explotación de 3.857.404 euros, dos cales 3,6 deben ser destinados á reforma do centro deportivo e ao redor de 250.000 euros a equipamentos deportivos, informáticos ou de limpeza.
As obras de ampliación que se inclúen nas condicións para licitar atópase a ampliación e reforma do soto do centro coa creación dunha sala de 505 metros cadrados útiles, ademais doutras tres salas de 118, 180 e 131 metros cadrados. Tamén se habilitará unha sala máis na planta de acceso de 138 metros cadrados.
O plan establece ademais a renovación dos equipos de calefacción, depuración, chans, a cuberta da piscina, o teito ou a instalación dun ascensor para resolver os actuais problemas de accesibilidade.
As obras terán un período de execución de 6 meses e o prazo de amortización está fixado inicialmente en 40 anos. Ademáis está previsto que as tarifas para os usuarios se manteñan estables.
Segundo o documento, a empresa que resulte concesionaria das piscinas poderá solicitar un préstamos do 50% do custo a 12 anos.
DISOLUCIÓN DO IMD
Do mesmo xeito que fixo a Xunta de Goberno este martes, a comisición de réxime interior do Concello aprobou a disolución do Instituto Municipal de Deportes (IMD). Fíxoo cos votos a favor de BNG, PSOE e Marea, a abstención do PP e o voto o contra de Cidadáns. Desta forma o último trámite para que se faga efectiva pasa pola aprobación no próximo pleno municipal, fixado para o día 18 de xullo.
Relacionadas:
-
"Hemos sido estafados", denuncia o PP tras a nova prórroga á concesionaria das piscinas de Campolongo
Por Diego Espiño |
-
Piden solucións de emerxencia ante os 35 graos e 90% de humidade das piscinas de Campolongo
Por Redacción |
-
O Concello prorrogará por novena vez o contrato das piscinas de Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
O PP detecta tres erros no Plan de Viabilidade de Campolongo e presenta alegacións
Por Redacción |
-
O Pleno de Pontevedra termina sen tratar todos os asuntos debido ao "cansazo" dos concelleiros
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Nova prórroga para a concesión das piscinas de Campolongo
Por Redacción |
-
O PP insta o goberno municipal a revisar o plan de viabilidade das piscinas de Campolongo
Por Alejandro Espiño |
-
O goberno local márcase prazos para a reforma das piscinas de Campolongo
Por Redacción |
-
O concurso das piscinas de Campolongo non se adxudicará antes de 2017
Por Oskar Viéitez |