O PP pide solucións de emerxencia ante os 35 graos e 90% de humidade das piscinas de Campolongo
Por Redacción
O grupo municipal do PP esixe ao goberno local de Pontevedra unha "solución de emerxencia" ante as malas condicións nas que se atopa o complexo deportivo de Campolongo, no que aseguran que os usuarios e traballadores padecen temperaturas de ata 35 graos e 90% de humidade que fan "totalmente desaconsellable" a práctica de calquera actividade deportiva no recinto.
Ante esta situación que se vive nas piscinas de Campolongo, o concelleiro César Abal denuncia a "indiferenza absoluta" do grupo de goberno do BNG e lembra que xa no pasado denunciaron o "lamentable estado" no que se atopan as instalacións.
Abal denuncia que, co paso do tempo, os problemas estanse a agravar e o deterioro das instalacións durante o tempo no que se están a realizar prórrogas "irregulares sen sentido" do contrato de explotación é "importante".
A última prórroga do contrato de explotación deste complexo finaliza o vindeiro 30 de xuño, cando empezará a novena. Ante esta situación, o PP esixe ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que inclúa nela "unha solución de emerxencia para a grave situación" que se está a vivir.
Segundo sostén César Abal, esa solución pasaría por arranxar ou renovar o equipo de climatización actual.
Relacionadas:
-
O anteproxecto das piscinas de Campolongo propón unha "revolución total"
Por Oskar Viéitez |
-
"Hemos sido estafados", denuncia o PP tras a nova prórroga á concesionaria das piscinas de Campolongo
Por Diego Espiño |
-
O Concello confía en que a reforma das piscinas de Campolongo estea lista no 2018
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello prorrogará por novena vez o contrato das piscinas de Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
O PP detecta tres erros no Plan de Viabilidade de Campolongo e presenta alegacións
Por Redacción |
-
O plan de viabilidade para as piscinas de Campolongo contempla 3,8 millóns de euros para a súa reforma
Por Redacción |