A Fiscalía solicita 14 anos de prisión para un home acusado de violar unha rapaza de nove anos
Por Redacción
A Audiencia de Pontevedra acollerá o martes 12 deste mes o xuízo que se realizará a un home ao que o Fiscal acusa de violar a unha nena de nove anos. O Ministerio Fiscal solicita 14 anos de prisión para o acusado por un delito de agresión sexual.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia facilitou o escrito da acusación no que o fiscal sinala que o acusado, maior de idade e sen antecedentes penais, entrou en 2003 no dormitorio da menor e con ánimo libidinoso agarrouna para tirala sobre a cama.
Segundo o escrito, o home procedeu a quitarlle o pantalón e a roupa interior cunha man mentres coa outra agarraba á nena violándoa a pesar da oposición e os berros proferidos pola menor.
O caso procede do xulgado de instrución número 3 de Tui. E o Ministerio Fiscal solicita tamén que o acusado sexa condenado a indemnizar á nena con 30.000 euros polos danos morais ocasionados.