Os socialistas piden ao Concello que cobre unha taxa ás empresas de telefonía móbil
Por Oskar Viéitez
O Partido Socialista presentou unha moción na que insta o goberno municipal a que presente unha proposta de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil.
Para iso dan de prazo dun mes, a contar desde a aprobación da moción.
Estiman que reportaría uns 300.000 euros en ingresos ás arcas municipais
Os socialistas acóllense a unha sentenza do Tribunal Supremo do 20 de maio pasado dá a razón ao Concello de Madrid e que permite o cobro dunha taxa aos operadores de telefonía pola utilización do dominio público que fan as compañías polas súas infraestruturas de telefonía fixa que usan para dar o seu servizo de móbil.
No PSOE local din estar "preocupados" pola "inactividade" do grupo de goberno porque aínda non fixo "nin o menor xesto" para adaptar a ordenanza fiscal e cobrarlle a taxa ás grandes empresas de telefonía móbil que estiman que reportaría uns 300.000 euros en ingresos ás arcas municipais.
Relacionadas:
-
Entra en vigor a ordenanza de telefonía pola que o Concello recadará 176.000 euros anuais
Por Alejandro Espiño |
-
Unanimidade ante a proposta do PSOE de cobrar unha taxa ás empresas de telefonía móbil
Por Redacción |
-
17 empresas de gas, electricidade e telefonía, entre elas Ence e Vodafone, "defraudan" impostos, segundo o Concello
Por Alejandro Espiño |