A Garda Civil detivo os supostos autores de varios en locais de hostalería de Caldas de Reis e Meis
Por Redacción
A Garda Civil detivo a R.A.R., de 31 anos e a JA.M.M. de 34 e investigou a A.B.M., de 27, os tres veciños de Portas, como supostos autores de varios roubos con forza en distintos bares das localidades de Caldas de Reis e Meis.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, compoñentes do Posto da Garda Civil de Caldas de Reis levaban máis de dous meses detrás da pista destes dous individuos por dous roubos rexistrados nun mesmo local de hostalería deste municipio.
Os roubos perpetráronse cun intervalo de 15 días de diferenza entre ambos os delitos, coa consecuentes alarma e preocupación entre a veciñanza.
As investigacións concluíron coa detención do outro veciño de Portas ao que se lle atribúe a coautoría, xunto con R.A.R., doutro delito de roubo con forza no interior dun bar do municipio de Meis, onde subtraeron a máquina comecartos enteira, probablemente porque non conseguiron forzala no interior do establecemento como fixeron nos anteriores casos.
A máquina subtraída foi localizada polos axentes que levaban a investigación, con numerosos danos, nun monte da localidade de Portas.
Os detidos, que contan con antecedentes policiais, tras a instrución das correspondentes dilixencias quedaron en liberdade coa obrigación de presentarse ante a autoridade xudicial cando para iso sexan requiridos.