Falece un motorista de 28 anos na subida de Vilariño ao impactar contra un camión de lixo
Por Redacción
Un mozo de 28 anos, M.F.G., falecía este mediodía cando circulaba nunha motocicleta en Arís, na coñecida como subida á Escusa, no Concello de Poio.
O vehículo impactaba contra un camión do servicio de recollida de lixo que se atopaba nesa zona. Un particular alertaba arredor dás 12.15 horas ao servizo de Emerxencias do 112.
Desde o 112 alertouse a unha unidade dunha ambulancia medicalizada do 061 de Urxencias Médicas, ademais da Policía Local e Protección Civil de Poio, o Grupo de Emerxencias de Sanxenxo e a Garda Civil de Tráfico, segundo informaba o Servizo do 112.
Os diferentes efectivos tentaron atender ao motociclista, que a pesar dos esforzos das asistencias, falecía no lugar no que se produciu o suceso. Os psicólogos do GIPCE tiveron que atender á familia do falecido.