Chipriotas e pontevedreses, xuntos e revoltos
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra acolleu a presentación das accións People of the sea e Fusión Percusión incluídos dentro do programa xuvenil europeo "Youth in action" co que colabora a Concellaría de Xuventude, que xestiona Demetrio Gómez.
"People of the sea" é un intercambio entre mozos galegos e chipriotas do 10 ao 18 de febreiro na Cidade Infantil Príncipe Felipe.
O elemento común de ambos países é o mar, e dende ese punto de vista realizaranse actividades sobre o desemprego, os problemas ambientais das rías e ríos, a música tradicional así como compartir experiencias e tradicións típicas de cada país.
A segunda acción "Fusión Percusión" celebrarase de febreiro a setembro deste ano. A idea principal deste proxecto é crear un espazo de mozos de encontro musical no que o eixo vertebrador é a percusión.
O obxectivo final desta segunda acción é a creación dun grupo de música de percusión estable para futuras contratacións.