A Xunta descarta, polo de agora, reducir a velocidade e opta por actuar sobre o firme da Variante de Marín
Por Oskar Viéitez
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, confirmou este luns en Pontevedra unha actuación sobre o firme da VG 4.4., a coñecida como Variante de Marín, un viario que suma dezaseis accidentes en apenas cinco meses. Preocupa especialmente o tramo entre os quilómetros 7 e 8 que concentra o maior número de sinistros dos últimos meses.
A conselleira asegurou que un accidente "é sempre unha traxedia", e apuntou que a "responsabilidade das administracións é traballar pola seguridade viaria".
Neste sentido, e aínda que Ethel Vázquez considera que nestes sinistros hai "multitude de factores que inflúen", unha primeira medida adoptarase sobre o firme da Variante.
En concreto a consellería actuará sobre o extrusionado, esa banda termoplástica na liña branca que divide a beiravía coa calzada. "Esas mesmas bandas estableceranse no eixo da calzada para advertir ao condutor se está a invadir o carril contrario", explicou Ethel Vázquez.
Son "medidas sinxelas que poden achegar seguridade", dixo a responsable de Infraestruturas da Xunta de Galicia tras insistir en que a Variante de Marín é unha vía de altas prestacións "e por tanto máis segura e con mellores condicións que unha estrada convencional".
Esta reforma do firme adoptarase tan pronto como as circunstancias meteorolóxicas garantan varios días de tempo seco, xa que así o esixen as características desta actuación.
Polo momento non se contempla reducir a velocidade neste tramo de estrada. Ethel Vázquez indicou sobre a limitación que "á min os técnicos non me trasladaron esa medida", precisando que "se é necesario" adoptaríase esta redución na velocidade do tráfico, "pero é decisión dos técnicos así como calquera outra medida que se considere necesaria", matizou.
"Hai marxe de manobra para mellorar a seguridade na variante", concluíu a conselleira.
Relacionadas:
-
Incrementan a adherencia do firme da Variante de Marín
Por Redacción |
-
Instan á Xunta a tomar medidas pola sinistralidade da Variante de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Falece o condutor excarcerado no accidente da variante de Marín
Por Redacción |
-
VIDEO.- Excarceran o condutor dun coche tras un brutal accidente na variante de Marín
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Unha persoa ferida en dúas saídas de vía ocorridas á primeira hora na variante de Marín
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O punto negro da Variante de Marín, escenario dun novo accidente cunha muller ferida
Por Redacción |
-
Ferida unha condutora tras dar co seu coche varias voltas de campá
Por Diego Torrado |