Ana Pastor non quere falar da reapertura do caso Alvia
Por Oskar Viéitez
A ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, reuniuse na tarde deste venres coa conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, para analizar as actuacións que se están levando a cabo nas Áreas de Rehabilitación Integral de vivendas que financian estas tres institucións.
Ademais da reunión fixeron unha visita ás rúas da zona vella como A Calzada, Rúa da Ponte, Rúa do Sol e Augusto Miranda, ademais do barrio da Banda do Río Lameira, onde se rehabilitarán un total de 123 vivendas para as que o Ministerio achegará preto de medio millón de euros.
CASO ALVIA
Ante a falta de novidade informativa no contido desta visita os xornalistas tentaron obter unha reacción da ministra en funcións sobre o auto da Audiencia Provincial da Coruña que ordena reabrila instrución que investiga as causas do accidente do tren Alvia, o 24 de xullo de 2013 no barrio compostelán de Angrois, que se saldou con 80 falecidos e máis dun centenar de feridos.
"Respeto a las decisiones judiciales, como siempre", limitouse a declarar Ana Pastor que eludiu valorar a decisión dos maxistrados.
Relacionadas:
-
María Rey pide unha nova investigación sobre o Alvia: "Non pode nin debe quedar no esquecemento"
Por Redacción |
-
O pleno aproba a petición dunha comisión de investigación do accidente do tren Alvia
Por Redacción |
-
Aitor Rei: "Frankenstein 04155 non vai dirixido ás vísceras do espectador, senón ao seu cerebro"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Angrois clama "Xustiza" mentres as feridas seguen a sangrar
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |