325 nichos agardan solicitantes nos cemiterios de San Amaro e Ponte Sampaio
Por Redacción
O proceso para a solicitude de concesións de nichos baleiros nos cemiterios de San Mauro e na parroquia de Ponte Sampaio está na recta final da fase de exposición pública. A concellería responsable do servizo de cemiterios informa que o prazo para a presentación de solicitudes comezará a contar o próximo 1 de xuño.
A oferta é dun total de 325 nichos, deles 241 están no cemiterio de San Amaro e os outros 84 no de Ponte Sampaio. O prazo para presentar as solicitudes será de catro meses, dous máis do que viña sendo o prazo habitual. Os interesados en facerse con algunha concesión terán ata outubre para formalizar a petición.
Cada solicitante poderá pediir a concesión dun mínimo dun nicho e un máximo de catro, segundo informan desde o Concello de Pontevedra.