Louro responsabiliza a Ana Pastor da paralización das obras do No de O Pino
Por Oskar Viéitez
O tenente de alcalde e portavoz do grupo municipal socialista, Antón Louro, considera que "chegou a hora de falar directamente da responsabilidade da ministra de Fomento, Ana Pastor, que está demostrando unha escasa capacidade e unha aínda máis escasa vontade política para solucionar un asunto que corre o risco de enquistarse por moito tempo".
Na tarde do martes mantiveron unha nova reunión entre as empresas acreedores e os veciños afectados polas obras.
A débeda de 1,8 millóns contraída por Obras, Construcións e Asfaltos (OCA) coas súas subcontratas condiciona a readjudicación do proxecto de reforma do Nó de O Pino.
A adjudicataria sopesa renunciar ao contrato de Fomento o que permitiría asignar os traballos a outra, pero os subcontratistas de O Pino, esixen que a nova contratista asuma toda a débeda que teñen por cobrar.
Segundo Raúl Bardal, portavoz dos empresarios, unha empresa ofreceuse ao Ministerio de Fomento a asumir a obra e afrontar un 75 % dos pagos pendentes coas subcontratas.
A obra permanece prácticamente paralizada desde outubro, orixinando molestias aos veciños. Nas últimas horas as asociacións veciñais de Salcedo, reunidas en Cabanas, mostraron o seu respaldo ás subcontratas nas medidas de presión que decidan levar a cabo. Está previsto que en vindeiros encontros únanse a eles veciños de Tomeza.