O edil de Cultura dimitido cita "confrontaciones" no cuadripartito pero avanza que "jamás" pactará co PP
"Somos como el agua y el aceite". Así explica o concelleiro de Sanxenxo Pode, Roberto Carlos Agís, os motivos polos que decidiu dimitir como responsable de Cultura no cuadripartito municipal e deixar ao goberno de Gonzalo Pita en minoría. Trátase, reiterou, dunha decisión que tomou "a nivel personal" e que ocasionou xa certo malestar en membros do seu partido "que me han manifestado que no estaban de acuerdo".
Esta renuncia supón a ruptura do pacto de goberno que mantiña o concelleiro de Sanxenxo Pode con SAL, BNG e PSOE. A dimisión produciuse no Pleno ordinario celebrado este luns.
Agís explicou que "llevo tiempo sopesándolo", especialmente tras comprobar como nos dous últimos meses as relacións entre os membros do goberno municipal "se han deteriorado" e chegáronse a producir "bastantes confrontaciones".
"Yo no estoy aquí para ser palmero de nadie, ni para que se rían de mi diciendo que soy su pesadilla", sinalou o edil.
Entre os motivos da súa dimisión, o edil de Sanxenxo Pode cita expresamente que non se realizara unha auditoría externa das contas do Concello -una das súas promesas electorais-, que non se fixera ningunha reunión para negociar o orzamento ou os problemas xurdidos coa repartición das partidas do Plan Concellos da Deputación "centrando la mayoría en tres sitios y dejando a tres parroquias sin nada".
Pero, sen dúbida, a pinga que colmou o vaso do concelleiro dimisionario foi a falta de apoio que sentiu por parte do alcalde ante as críticas xurdidas pola súa postura sobre a Festa da Raia que, insistiu, "fue un consenso de todos".
"Todo o mundo apúntase para as fotos e para entregar premios, pero cando vén un tsunami todos saen correndo", lamentou Roberto Carlos Agís. "Aquí cando se vai ás fotos aparecen sempre os mesmos".
O portavoz de Sanxenxo Pode entende que este goberno municipal "tiene que ser más contundente" en moitas das súas decisións, unha visión que achaca a que "quizá soy más progresista que ellos", algo que, segundo a súa versión, chocaba co resto de partidos do cuadripartito "porque hay quien es más conservador y prefiere quedar bien con la gente que enfrentarse a los problemas".
Roberto Carlos Agís asegura que "no voy a romper mis principios, mis valores o mi dignidad por estar de concejal" e avanzou que pasará á oposición polo que "cuando haya que tomar una decisión importante que tengan en cuenta que ya no soy gobierno".
A partir de agora, apuntou, "hay ocho y ocho" e o seu voto "puede parar el concello automáticamente". Por iso, advertiu aos seus xa ex compañeiros de goberno que "habrá que hablar, discutir y valorar las cosas, sea un presupuesto o lo que sea".
Sexa como sexa, Agís aclarou que "jamás" pactará co PP para que Telmo Martín recupere a alcaldía porque as súas diferenzas "son evidentes".
"Soy lo opuesto al PP", concluíu.
Relacionadas:
-
Roberto Agís convoca os veciños para explicar os motivos da súa marcha do goberno de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O PP pide ao tripartito de Sanxenxo a substitución do concelleiro de Facenda
Por Oskar Viéitez |
-
Dimite a presidenta de Sanxenxo Pode
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo Pode di sentir "vergoña" do seu concelleiro e asegura que o futuro do partido está "pendente de resolución"
Por Oskar Viéitez |
-
Tranquilidade no goberno municipal de Sanxenxo, convertido agora en tripartito tras a dimisión de Agís
Por Alejandro Espiño |
-
Telmo Martín, ante a crise de goberno en Sanxenxo: "Seguro que as cousas non quedan así. Vai ir a peor"
Por Alejandro Espiño |
-
O concelleiro de Cultura de Sanxenxo dimite e pasa á oposición
Por Oskar Viéitez |