Os ópticos advirten de que as lentes de fantasía poden ser perigosas para a saúde
Por Oskar Viéitez
Os ópticos galegos avisan de que cada vez é máis frecuente o uso de lentes cosméticas en época de entroido e o gran perigo que supón para a vista.
O Colexio de ÿpticos-Optometristas de Galicia advirte que é importante que se consulte a un óptico-optometrista sobre a idoneidade de cada ollo para adaptarse a unhas lentes cosméticas, que teñen características estándar.
Segundo os ópticos galegos, unha lente de contacto inaxeitada para un ollo, que se manipule incorrectamente ou que non se coide do xeito adecuado pode provocar, a longo prazo: conxuntivite, queratite ou erosións epiteliais. Todos estes problemas son sumamente molestos e afectan á visión porque o ollo é moi sensible. Os síntomas que se poden ter se a adaptación ou o mantemento da lente de contacto non son correctos son sensación de sequedade pequena area nos ollos, ollos vermellos, picor e ata dor ao quitar a lente de contacto.
Lentes de contacto fronte as lentes tradicionais
En liñas xerais, os profesionais galegos destacan a evolución que sufriron as lentes de contacto nos últimos anos. Na actualidade, soamente o tres por cento da poboación utiliza este tipo de lentes, aínda que cada vez son máis as persoas que prefiren estas ás tradicionais lentes, xa que lles resultan máis cómodas.