Podemos Sanxenxo súmase ás críticas pola suspensión da Festa da Raia
Por Redacción
O Círculo de Podemos en Sanxenxo propón ao Concello a creación dunha Mesa de Participación que abarque todo o municipio e na que se traten non só os gastos en festas se non tamén "o investimento en Cultura e a, tan prometida en campaña, estratexia de desestacionalización".
Esta formación política considera que esa sería unha "fórmula acertada" para sentar os colectivos e persoas implicadas xunto co concelleiro e os técnicos de Cultura.
Podemos Sanxenxo entende que a esixencia de transparencia que a lei impón desde o pasado decembro empeza por convocatorias abertas "e non por reunirse con catro amigos".
Nun comunicado feito público este luns, Podemos Sanxenxo asegura non entender "tantas escusas" como presentou o concelleiro de Cultura e Festexos de Sanxenxo, Roberto Carlos Agís, para suspender a Festa da Raia de Portonovo.
"Por que no 2015 había diñeiro suficiente e no 2016, cos orzamentos exactamente iguais non hai fondos? En que se gastou o diñeiro? Non imos dicir que hai 'gato encerrado' pero as escusas do señor Agís Balboa son pouco convincentes", afirman no seu escrito desde Podemos Sanxenxo.
Relacionadas:
-
A Festa da Raia de Sanxenxo, a última fin de semana de outubro
Por Redacción |
-
As contas da concellería de Cultura, Festexos e Xuventude do ano 2015 poden consultarse na web municipal
Por Redacción |
-
Can de San Roque quere organizar a Festa da Raia en setembro na lonxa de Portonovo
Por Redacción |
-
O PP considera "inaceptable" que un concelleiro "friki" decida suspender a Festa da Raia
Por Oskar Viéitez |