A colisión dun turismo e unha furgoneta provoca riscos nunha estrada en Sanxenxo
Por Redacción
O servizo de Emerxencias de Sanxenxos pediu este xoves "moita precaución" aos condutores que circulaban pola ponte de Noalla tras rexistrarse un aparatoso accidente nesa estrada.
Segundo informou Emerxencias de Sanxenxo, o accidente produciuse pasadas as 13.00 horas na ponte de Noalla antes do acceso á vía rápida do Salnés, que comunica as localidades de Sanxenxo e O Grove
O sinistro consistiu na colisión entre unha furgoneta Citroën e un turismo Renault e resultou aparatoso, pero non provocou feridos. Deixou restos dos vehículos na calzada, xerando riscos para a circulación.
Ao lugar desprazáronse o Servizo Local de Emexencias de Sanxenxo e a Garda Civil de Tráfico.