Fitur, moita moqueta e poucos expositores
Por Oskar Viéitez
Galicia mostra os seus encantos entre as cortinas. O pabellón de Galicia na Feira Internacional do Turismo (Fitur), está feito a imaxe e semellanza do seu presidente: austero.
Uns grandes cortinones con fotografías da Galicia máis verde desvelan os "segredos" cos que a nosa comunidade pretende vender todos os seus encantos en 967 metros cadrados.
TurGalicia acolle no seu seo a todos aqueles fillos pródigos que en tempos de bonanza facían os Fitures pola súa conta. Os tempos cambiaron e agora a necesidade obriga a compartir os esforzos na promoción turística.
Baixo este paraguas da Comunidade en grandes módulos, dáse cabida aos catorce xeodestiños, o Camiño de Santiago, a Cidade da Cultura, as sete grandes cidades como destino urbano, e a marca Turismo Rías Baixas.
O Centro de Hostelería de Galicia ofrece aos visitantes pulpo, empanada, albariño e crema de oruxo.
Ademais o salón de actos do expositor galego acolle un sinfín de presentacións nas que hoxe destaca a presentación da Volta Ciclista a España, "a máis galega da historia".
En canto ao resto do Parque Ferial de Madrid o titular sería "moita moqueta e poucos expositores", os recortes presupuestarios nótanse. Segundo a organización Fitur, a ocupación do IFEMA é case un 10% menor á do pasado ano.
Con todo este segue sendo o principal escaparate internacional para o turismo, cunhas nove mil empresas e unha previsión de douscentos mil visitantes.