As primeiras consultas na sede electrónica do Concello foron: para pedir lombos!
Por Redacción
A sede electrónica do Concello de Pontevedra púxose en marcha na madrugada desde martes e xa empeza a ter algunhas peticións, suxestións e os cidadáns comezan a facer os seus trámites.
Nas primeiras 12 horas a páxina rexistrou 42 accesos na súa parte privada tanto de empresas como de particulares, que solicitaron, entre outras cousas, a instalación de lombos na rúa dos Soutos.
Pódesen facer trámites, especialmente, os vinculados co servizo de tributos e recolle toda a información dos procedementos habituais que os cidadáns requiren da administración local: trasladar información ao Rexistro, solicitude de volante de empadronamento, domiciliación de recibos, entre outras opcións.
Durante as vindeiras semanas irase implementando a páxina para poder pagar tributos ou facer solicitudes de carácter urbanístico, entre outros.
PARTE PRIVADA
Ademais, esta nova ferramenta á disposición dos cidadáns dispón dunha parte privada á que pode acceder calquera veciño para coñecer a información que o Concello dispón del como pago de tributos, recibos pendentes, unidades fiscais...
Para poder acceder a esta parte privada é preciso ter unha destas tres vías de acceso: DNI electrónico, certificados oficiais ou ben dispoñendo de contrasinal que se pode solicitar ante o Rexistro Xeral Municipal con fotocopia do DNI e entregarase no momento.
A sede municipal tamén ten unha páxina de transparencia na que se poden consultar informacións obrigadas pola Lei de Transparencia como a oferta de emprego público, o perfil do contratante, o taboleiro de anuncios, a normativa municipal e os seus impresos, entre outros.
Relacionadas:
-
A partir do 1 de febreiro, a relación entre o Concello e as empresas será só electrónica
Por Alejandro Espiño |
-
Castelao defende os lombos e presenta alegacións contra a súa eliminación
Por Alejandro Espiño |
-
A modificación dos 300 lombos de Pontevedra elevaríase a 2 millóns de euros
Por Redacción |
-
A sede electrónica do Concello de Pontevedra, dispoñible desde o 1 de marzo
Por Alejandro Espiño |