"Me metió una hostia con el casco que me reventó la nariz. Si no hay gente, el tío me mata"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
Benigno ten o nariz roto, ambos os ollos morados e a seguridade de que, a pesar de todo, tivo sorte. "Si no hay gente, el tío me mata", predí ao lembrar a brutal agresión que sufriu o luns ás portas do quiosco que rexenta no exterior do mercado de abastos de Pontevedra. Despois do incidente necesitou asistencia médica, pero agora xa volveu traballar e vese forzado a repetir unha e outra vez o sucedido, pois con tan só miralo a pregunta é obrigada. A súa cara non pode ocultar o tamaño da hostia recibida.
A orixe de todo está ás 16.45 horas da tarde do luns na avenida de Uruguai. Benigno Meijoeiro Abilleira circulaba pola rotonda cando unha moto que viña de Marín e, segundo el, tiña que cederlle o paso, "tuvo que frenar en seco". Non sabe por que ocorreu e pensou que non pasara nada, pois non se produciu nin sequera un toque entre ambos os vehículos, de modo que seguiu a marcha.
Benigno seguiu na mesma dirección que levaba e parou o coche no lateral do mercado abastos, á beira do seu negocio. Estaba aínda parando cando escoitou un ruído no cristal, algo así como un "pum pum" ou, o que é o mesmo, "me pegó dos hostiazos con el casco al cristal" do coche.
O quiosqueiro tan só tivo tempo a abrir a porta e preguntar que pasara, pois "nada más decir '¿qué pasa?', me metió una hostia con el casco que me reventó la nariz". E Benigno xa non lembra nada máis. Sabe que sucedeu despois porque hai testemuñas que llo contaron e relatáronlle que foi necesario separar ao seu agresor para que deixase de pegarlle.
Mentres el estaba "drogui" dentro do coche, o seu agresor "siguió dándome de hostias". Dúas empregadas do supermercado Mercaplaza viron o que estaba a pasar e correron a auxilialo. A unha delas estaralle para sempre agradecido porque "tuvo los ovarios de meterse en medio" cando "hubo gente que pasó olimpicamente". Separáronos e o agresor colleu a súa moto e abandonou o lugar.
Xusto nese momento, tiraron del e empezou a coller consciencia, pero "las veces que estuvo mazándome en el coche, yo estuve drogui perdido". De feito, el asegura que sería incapaz de recoñecelo se volvese velo e só sabe que é un home co pelo canoso duns 50 anos.
Agora que pasou todo, tenta buscarlle explicacións ao sucedido e non as atopa, pois "no tuve conversación con él ni cruzamos palabras", senón que "nada más abrir la puerta ya me dio la hostia con el casco y caí dentro del coche". Tan só logra explicalo pensando en que estaba "fuera de sí, con los ojos fuera de órbita, solo me miraba fíjamente a mi y nada más", pero non lle serve de consolo, pois non para de pensar en que era de día e habia moita xente pola rúa, pero el adoita abrir o seu quiosco á primeira hora da mañá: "si es a las cinco de la mañana que abro aquí y no viene nadie, el tipo me mata".
Por todos estes feitos xa hai unha denuncia na Comisaría da Policía Nacional, que está a investigar o sucedido. Na investigación contarán con testemuñas e cos datos dunha persoa que presenciou os feitos e anotou a matrícula da moto do agresor.